¿ E do Páramo quen se lembra ? Touriño NON o Toro SI !
Cando no 76 empezaran as Feiras da Primavera os de Silleda viñeran ó Páramo a tomar a idea e un ano máis tarde nacia a Semana Verde de Silleda . Daquelas os primeiros anos ainda era costume que o Alcalde do Paramo lle devolvese a visita ós de Silleda .
Pasou o tempo e un coñecido político de Lalín tirando polas de Silleda , ninguén que tirase polo Páramo ( ou ainda que o de Silleda se fixera en Sarria ) , pasou máis tempo e os de ACRUGA abandonaron O Páramo ( un día 10 consolidado desde o 76 para impulsar a Feira ) pola Feira de Adai no Corgo para celebrar o seu certame da Rubia Galega ( ninguén coñecía daquelas Adai) .
E esta foto é un bon símbolo dese paradoxa ( do olvido e do abandono no que quedou O Páramo e as súas grandes Feiras da Primavera pola Xunta e ACRUGA (Asociación de Criadores da Raza Rubia Galega ) , cos anos todos os concellos foron facendo Festa de Ano , e a da Primavera quedou hoxe reducida a eso , a una simple festa de Concello desprendida do prestixio de antes que a facía única .
Os artesáns dos pendellos tamén estaban na Puebla e en máis sitios e a xente xa non lle fai gracia o mesmo . Creo que deberíamos reorientar as feiras máis cara o plano cultural , facelas máis enxebres , quitar tantos coches eléctricos e chiringuitos e mezclar nela moitas ideas ( unha feira da historia ( facer unha feira como se facía antes , vestidos con traxe de época ) , involucrar ós escritores galegos no Campo apadriñando unha árbore cada ano e abrindo máis as feiras cara a artesanía e o cultural , e facer en definitiva unhas feiras máis enxebres , máis clasicas , e máis silenciosas ) e sobre todo facer responsable ó Concello de xeito directo da súa organización sin prexuizo de que a Asociación de Amigos tome partido co-participando co Concello.
Ese toro co que se fotografía Touriño na Semana Verde onte na Foto estaba o Sábado día 10 no Páramo con Acruga ( ó fondo da foto de Touriño vense os carteis de Acruga ) .
A primeria foto está sacada á sombra dos Carballos a segunda nas naves cerradas de Silleda .
E quen se lembra xa do Páramo ? Touriño ? Acruga ?
NON ! xa só o TORO !
p d l
0 Comments:
Publicar un comentario
<< Home