lunes, junio 12, 2006

Todo o mundo acudiu a través de WWW.OPARAMO.TK

















A existencia de www.oparamo.tk é un segredo a voces !


Respecto do " Especial " das Feiras de Primavera que editou o Progreso onde na última páxina se falaba das bondades da Web do Concello (www.concellodoparamo.tk) desde www.oparamo.tk temos que trasladar o seguinte comunicado :

Ratificando completamente as palabras de Aspirino: O periodista do Progreso que visitou a Web Oficial do Concello fixoo a través de www.oparamo.tk e non mencionou dita fonte (+pincha para ler a carta enviada ó Progreso na sección "Cartas al Director ").Sabemos esto con certeza pois cando se visita unha web do dominio .tk queda na barra do navegador a dirección inicial ainda que se visiten outras . O periodista do Progreso visitou a web oficial do Concello a través de www.oparamo.tk e deixou as probas do acaecido impresas no Periodico .

Resulta francamente chocante que se visite a web oficial do Concello a través de www.oparamo.tk e que sabendo dita información non se mencione nada sobre www.oparamo.tk nun intento de silenciar o traballo feito por tanta xente ! e que se o periodista accedou á web foi porque encontrou primeiro a www.oparamo.tk no Google e accedeu a ela gracias ós nosos links cara a Web Oficial que doutro xeito e a falta de saber a dirección directamente sería case imposible de atopar dita web no Google .


Que ainda que a web ten contidos positivos e cousas que están ben estas son ó noso modo de ver as súas eivas :

1. Unha administración nunca debería usar un dominio gratuito .tk senón .es
2. A Web debería estar aloxada nun servidor de pago e non en geocities
3. As fotos que aparecen en portada son dun lugar chamado Páramo pero en Colombia que Ggelical xa ten ben documentadas .
4. A web sigue sin mencionar certas fontes que usa como as fotos ( que pertencen a www.oparamo.tk) ( non nos molesta que usen as fotos e os contidos de www.oparamo.tk libremente só esiximos que se mencionen as fontes de onde foi sacada dita información ou foto)
5.Silenciase a participación directa ( a través do uso de foros e demais )
6. Silenciase completamente a existencia de outras webs no concello que falen do Páramo e non existen enlaces cara elas .

E finalmente a máis importante para nós !

7.O tablón de anuncios deberiase publicar integramente na Web e moitos máis contidos que permitan á xente que non pode acudir ó Consistorio por razóns laborais ou de distancia ( por exemplo vivir en Barcelona ) poidan ter toda a información legal e puntual en tempo real facilitando aforros en desplazamento e outras molestias .

De todo-los xeitos desde WWW.OPARAMO.TK seguiremos a colaborar e tender pontes con calquera web do Páramo " oficial ou non ", xa que non temos ánimo de lucro , só nos move o interés de difundir libremente a información do Páramo e facer da rede un lugar de democratización e progreso social .

Esperando que dita información sirva de crítica constructiva e sexa vista desde un punto de vista positivo !

Recibide un cordial saudo .

Desde www.oparamo.tk a 12 de Xuño do 2006